Garavanzos con Congro Seco de Muxía

Visitáronnos Sesé Ares e mais Francisco Gil, condutores de “Cousas de comer”, programa que rinde homenaxe á gastronomía galega.

Emitido nas canles Telemiño e Santiago TV, este espazo ofrece ó telespectador útiles consellos sobre cociña, cómo mercar e cómo gozar ó máximo cada sabor.

Achégase ademáis ós máis belos currunchos da xeografía galega.

Dende o Restaurante Pontemaceira aproveitamos esta oportunidade para lle presentar á audiencia unha das últimas incorporacións á carta de cara á tempada de inverno:

- A Potaxe de garavanzos con Congro seco de Muxía.




Tódolos dereitos do material audiovisual pertencen á produtora da canle local de Ourense TELEMIÑO 2014.

Ningún comentario:

Publicar un comentario